Conferencia na Facultade de Ciencias sobre a historia de Emalcsa

A Coruña, 6 de maio de 2013.- A Facultade de Ciencias acollerá mañá martes, 7 de maio, ás 12:00 horas, unha conferencia do director de Innovación e Desenvolvemento de Emalcsa, Ricardo Vázquez, sobre a historia da Empresa Municipal de Augas da Coruña, titulada “Emalcsa: 110 anos de xestión eficiente da auga”. A charla versará sobre o desenvolvemento da empresa, describindo o seu modelo empresarial e repasando todos os procesos implicados na xestión do ciclo da agua.
Ricardo Vázquez é enxeñeiro agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Xestión de Recursos Medioambientais pola EOI. Leva 20 años ligado ao sector da xestión do ciclo urbano da Agua, e leva 13 en EMALCSA, onde foi director comercial ata 2012, cando pasou a desempeñar responsabilidades de Implantación e xestión do seu modelo de I+D+i.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000