O director financeiro da empresa Dachser dá unha conferencia en Economía

A Coruña, 3 de maio de 2013.- O Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa acollerá o luns, 6 de maio, ás 12:00 horas, unha conferencia do profesor doutor Dieter Truxius, director financeiro da punteira compañía alemana Dachser GmbH & Co, http://www.dachser.com/de/de/index.htm, especializada en loxística e líder europea en distribución, que vén de adquirir a empresa Azkar, http://portal.azkar.com/portal/page/portal/inicio.
O título da conferencia é Economic Stability in an United Europe: Unrealistic Dream or Achievable Goal? (Estabilidade económica nunha Europa Unida: Soño irreal ou meta factible?). Está aberta ao público.

 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000