O Claustro da UDC debate mañá o informe de xestión do reitor

A Coruña, 29 de abril de 2013.- O Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá mañá, martes, 30 de abril, ás 9:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, unha sesión do Claustro, en que se debaterá o informe de xestión do reitor do ano 2012.
A orde do día inclúe ademais o debate do Documento Misión, Visión e Valores do Plano Estratéxico 2013-2020 da Universidade da Coruña. Ao longo da sesión procederase a elixir representantes dos estudantes claustrais na Mesa do Claustro, Comisión Electoral Central e Consello de Goberno, e dun representante das restantes categorías de PDI na Mesa do Claustro.
Coa quenda aberta de intervencións, rematará a sesión de mañá.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000