A Coruña, 17 de xullo de 2012.- Rosalía Rementeria Fernández está xa traballando no Instituto Astrofísico de Canarias logo de superar o proceso de selección polo que se concederon cinco bolsas de desenvolvemento tecnolóxico a recén titulados e estudantes dos últimos cursos universitarios de toda España.
Rosalía Rementeria, natural de Bilbao, trasladouse á Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña para cursar Enxeñaría Industrial na especialidade de Materiais. Aínda que era alumna cando se presentou a esta bolsa, o mes pasado titulouse cun proxecto de fin de carreira que leva como título “Estudo tribolóxico de aceiros empregados no eixos de turbinas de aeroxeradores”, titorizado por Carolina Camba Fabal, e que presentará ao XIII Congreso Nacional de Propiedades Mecánicas de Sólidos en Alcoy.
No Instituto Astrofísico de Canarias, Rementeria Fernández traballa no prototipo do segundo instrumento do proxecto QUIJOTE, que ten como obxectivo caracterizar a polarización do Fondo Cósmico de Microondas (FCM). Máis información sobre o proxecto en http://www.iac.es/proyectos.php?op1=7&op2=21&id=27
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000