The Kanaloas e MCOM by Colectivo Oruga, últimos concertos da mostra 'Poñer cousas en orde' en Normal
A Coruña, 10 de xullo de 2012.- Despois de varias semanas cheas de música en Normal, o espazo e intervención cultural da Universidade da Coruña acolle os últimos concertos da exposición 'Poñer cousas en orde'. Será o mércores ás 20 horas cando actúen The Kanaloas no espazo musical do Almacén, dando paso a MCOM by Colectivo Oruga o xoves á mesma hora. A música estará acompañada dos cócteles do Baobab Bar. A entrada a ambas actuacións é gratuíta.
The Kanaloas é un grupo formado na Coruña a principios de 2007 que recrea o espírito das surf-bandsde principios dos anos 60 do século pasado. As súas influencias van desde o rock’n’roll instrumental de Link Wray ou The Ventures ata as bandas clásicas de surf.
MCOM é un formato reducido de Colectivo Oruga, un deserto de cables, sintes, samplers e caixas de ritmos. MCOM achégase coa súa proposta á escena raveira rusa, onde o vandalismo electrónico e o hedonismo conviven en harmonía co postpsychodance. O Colectivo Oruga é un dos máis importantes representantes da electrónica de vangarda a escala nacional cunha mestura de electro pop, inditrónica, electro rock, electro e visuais.
Toda a información en: http://pceo.istoenormal.org/
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000