A Coruña, 4 de xullo de 2012.- Tras o seu paso polo Primavera Sound 2012, Santa Rita, o grupo de rock experimental con influencias do grunge, post punk e garaxe estará mañá xoves 5 de xullo ás 20.00 horas en NORMAL, dentro da exposición “Poñer cousas en orde”.
As catalanas estarán acompañadas polo grupo coruñés El Monstruo, nunha tarde na que ademais descubriremos a obra de Jordi Cussó Amat e coñeceremos da voz dos seus fundadores o proxecto da plataforma cultural BLAZE.
Máis información: http://istoenormal.org/gl/actividades/concerto-de-santa-rita-e-el-monstruo
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000