O reitor inaugura o luns o curso de verán de galego para estranxeiros

A Coruña, 29 de xuño de 2012.- O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, inaugurará este luns, 2 de xullo, o V curso de verán de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros, na Sala de Consello de Goberno da Reitoría ás 10:00 horas. Ao acto asistirá o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o secretario Xeral da UDC, Carlos Amoedo, e a directora do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, Goretti Sanmartín.
O curso de verán de galego para estranxeiros durará ata o 27 de xullo e ao mesmo hai apuntadas nos dous niveis, iniciación e perfeccionamento, 23 persoas procedentes de Croacia, Polonia, Estados Unidos, Nixeria, Brasil, Portugal, República Checa, Rusia, Alemaña, Italia e das cidades de Valladolid e Barcelona así como unha persoa galega nacida en Arxentina.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000