Armesto e Pilar Farjas clausuran o Mestrado en Arquitectura Sanitaria

A Coruña, 22 de xuño de 2012.- Mañá, sábado 23 de xuño, as 10:00 horas, terá lugar o peche do mestrado de Arquitectura Sanitaria e Asistencial, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Impartirase a última lección a cargo do arquitecto Albert de Pineda. O acto contará coa presenza, entre outras personalidades, de Alfonso Castro Beiras – catedrático de medicina UDC e director do Instituto de Ciencias da Saúde da UDC -, de Mª Pilar Farjas Abadía -secretaria Xeral de Sanidade e Consumo do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade-, e de Xosé Luis Armesto Barbeito - Reitor da Universidade da Coruña.
O mestrado está organizado coa colaboración das Consellerías de Sanidade, Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e é o único mestrado oficial de Arquitectura Sanitaria e Asistencia en España. Ten por obxectivo que os alumnos acaden unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar. O obxectivo abarca a análise, a planificación, a xestión e o deseño de edificios sanitarios e asistenciais, para o posterior mantemento, xestión e conservación dos mesmos. Esta formación de posgrao diríxese a persoas que posúan titulacións como Arquitectura, Enxeñerías, ou un título universitario equivalente ás citadas titulacións. Tamén poderán ser admitidos enxeñeiros técnicos, arquitectos técnicos e enxeñeiros da edificación, acreditando tres anos de experiencia profesional.
Máis información:
http://etsa.udc.es/web/wp-content/uploads/2012/05/PRESENTACION-MuASA-2012-13.pdf
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000