Inauguración de exposición no Concello de Arteixo

Inauguración de exposición no Concello de Arteixo


A Coruña, 15 de maio de 2012.- O Centro Tecnolóxico de Arteixo acollerá o mércores, 16 de maio, ás 20.00 horas, a inauguración da exposición titulada “Arteixo Patrimonio Románico”, comisariada polo catedrático de Composición Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña José Ramón Soraluce Blond.
Esta mostra está organizada por iniciativa do Concello de Arteixo e coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e o Arcebispado de Santiago de Compostela, con motivo da conmemoración este ano do 850 aniversario das edificacións das igrexas románicas de Santo Estevo de Morás e San Tirso de Oseiro, e co obxectivo de poñer en valor estas construcións.

 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000