O produtor e guionista de Arrugas visita a Facultade de Comunicación

Proxección da película “Arrugas” e conferencia do seu coprodutor e coguionista Ángel de la Cruz na Facultade de Ciencias da Comunicación


A Coruña, 11 de maio de 2012.- O luns, 14 de maio, o salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá a proxección da película “Arrugas”, que recibiu dous premios Goya 2012: mellor longametraxe de animación e mellor guión adaptado.
Xa o mércores, 16 de maio ás 13:00 horas terá lugar a conferencia con Ángel de la Cruz, coguionista e coproductor desta película, que acadou tamén cinco premios Mestre Mateo 2012: mellor longametraxe de animación, mellor guión, mellor dirección artística, mellor música orixinal e mellor son. Ademais ten o premio á mellor produción europea no Cartoon Movie 2012; e premio do público á mellor longametraxe de animación no Festival Anima 2012.

 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000