Galardón de la Fundación Banco Santander para un alumno de la UDC

Un alumno da Escola Politécnica Superior da UDC premiado
no certame Fototalentos da Fundación Banco Santander


A Coruña, 2 de maio de 2012.- O alumno da Escola Politécnica Superior, da Universidade da Coruña, Luis Suárez López, estudante de Enxeñaría Naval Oceánica, vén de gañar un accésit no premio Fototalentos’12, que convoca a Fundación Banco Santander para todos os membros da comunidade universitaria dos países da rede Universia, que abrangue España, Andorra e América latina. Neste certame poden participar desde profesores e investigadores ata alumnos e persoal docente investigador de todas as universidades.
A fotografía de Luis Suárez leva por título “Morta a escola… morta a aldea”, e reflicte nunha dura imaxe o abandono dos colexios nas pequenas aldeas a través da visión dun encerado e un vello pupitre nunha aula que se atopa en moi mal estado.
Esta fotografía foi elixida entre as cen máis valoradas da web, e a dotación económica do premio é de 1.500 euros. Inscríbese na categoría de “denuncia”, unha das catro nas que se pode participar neste certame, no que o gañador foi Jordi Juliá Corominas, da Universitat Oberta de Catalunya.
A entrega dos premios celebrarase no transcurso da Xunta Xeral de Accionistas de Universia que terá lugar na Universidade de Murcia os días 3 e 4 de maio.
Máis información: http://www.fototalentos.fundacionbancosantander.com/
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000