Xornada técnica na Facultade de Informática organizada pola Rede
Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecemento
A Coruña, 30 de abril de 2012.- O Salón de Graos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollerá o mércores, 2 de maio, o seminario titulado “Recuperación da Información e PLN”, organizado pola rede RELISCO (Rede Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecemento). A sesión da mañá comezará ás 10:30 horas coa conferencia de Gaël Dias, da University of Caen Basse-Normandi. A continuación, ás 11.30 horas, intervirá Luis Pérez Freire, de Gradiant, e a sesión pecharase co relatorio de Daniel Fernández González, do Grupo COLE da Universidade de Vigo.
A sesión da tarde comezará ás 16:00 horas coa intervención de Milagros Fernández Gavilanes, do Grupo COLE da Universidade de Vigo, e continuará co seu compañeiro neste grupo Adrián Blasco González. Finalmente, pechará a xornada Jesús Vilares Ferro, do Grupo LYS da Universidade da Coruña.
Máis información en http://relisco.grupolys.org/noticias
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000