Presentación de casos de transferencia matemática á industria

O vicerreitor de Investigación e Transferencia presenta en Santiago casos de transferencia de investigación matemática á industria

A Coruña, 12 de abril de 2012.- O vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, presentará mañá os casos de éxito dos grupos de investigación da UDC que forman parte da Rede Española Matemática-Industria (rede math-in.net) na transferencia de coñecemento ao sector empresarial. A súa presentación forma parte da rolda de prensa organizada pola Rede Española Matemática-Industria, que terá lugar este venres, ás 11:00 horas na sala de prensa do Colexio Fonseca de Santiago de Compostela. En concreto, o vicerreitor falará dos dous grupos coruñeses, “Métodos matemáticos e numéricos en enxeñaría e ciencias aplicadas”, que coordina Carlos Vázquez Cendón, e “Modelización, optimización e inferencia estatística”, coordinado por Juan Vilar e Ricardo Cao.
Nesta comparecencia participará tamén a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Peregrina Quintela, que é a presidenta da Rede Española Matemática-Industria, para presentar o catálogo de servizos que ofertan os grupos de investigación ás empresas, no que se recollen solucións matemáticas para empresas innovadoras.
A rede math-in.net, na que actualmente participan activamente 29 grupos de investigación de 18 universidades españolas que traballan para proporcionar solucións e transferir tecnoloxía matemática aos sectores produtivos da sociedade, especialmente a empresas e administracións públicas.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000