A Vicerreitoría de Ferrol mellorará o xardín de Esteiro cunha plantación

A Vicerreitoría do Campus de Ferrol organiza unha plantación para mellorar o xardín de Esteiro

A Coruña, 30 de abril de 2012.- A Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social organiza o vindeiro xoves, 3 de maio, unha plantación de novas especies arbóreas, coa fin de mellorar o xardín universitario de Esteiro.
A plantación, á que están convidados os membros da comunidade universitaria que queiran sumarse, comezará ás 12:30 horas na zona existente entre a Escola Universitaria de Deseño Industrial e a Facultade de Ciencias do Traballo.
En total serán 17 as especies que se plantarán, entre as que figuran a camelia, o toxo, o laranxo, o castiñeiro, a nogueira, etc.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000