Unha investigación da UDC demostra
que os árbitros de fútbol sofren tensión durante os partidos
A Coruña, 22 de febreiro de 2012.- Segundo un estudo da Universidade da Coruña, a Universidade Católica de Brasília (Brasil) e a Universidade James Cook de Australia, publicado no último número do European Journal of Applied Physiology, os árbitros sofren tensións durante os partidos "independentemente do seu estado físico".
O profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Fisica José L. Tuimil, os profesores Boullosa e Abreu da Católica de Brasilia e o profesor Scott da James Cook de Australia rexistraron a variabilidade da frecuencia cardíaca, atopando que as diferenzas entre un día normal e un día de partido son "dun 15 a un 75 por cento", mostrando os árbitros o mesmo patrón que os deportistas de elite despois de grandes esforzos competitivos. Este modelo foi utilizado tamén no control da tensión dos xogadores do Deportivo da Coruña, tanto en pretemporada como en época competitiva.
Como ter unha boa tolerancia á tensión é fundamental á hora de tomar as decisións, ademais de en o deporte, en calquera outra faceta da vida e das profesións. Boullosa, que se licenciou e doutorou nesta Facultade da Universidade da Coruña, baixo a dirección do profesor Tuimil, e que traballa como científico do deporte en Brasil, comezou a aplicar estas investigacións en pilotos das forzas armadas e nos traballadores do Banco de Brasil.