A vicerreitora do campus de Ferrol reúnese co almirante do Arsenal de Ferrol
A vicerreitora do campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, visitou esta mañá o almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Francisco José Cortés Uría, na que foi a primeira toma de contacto entre ambas institucións despois do cambio de goberno na Universidade da Coruña.
Tanto a vicerreitora como o almirante manifestaron o seu desexo de impulsar a colaboración nos proxectos comúns e abriuse a posibilidade de abranguer algún novo, como a potenciación das visitas de estudantes de enxeñaría a Exponav, de cuxo patronato forma parte a Universidade da Coruña.