Declaración institucional en el día de la Memoria del Holocausto
Un día como hoxe, hai 60 anos, emerxeron de entre as néboas de Auschwitz as atrocidades que un Estado, culto, social e economicamente desenvolvido, levara a cabo para o exterminio de milleiros de xudeus, e polo único feito de naceren xudeus. É mentira a afirmación de que Auschwitz representa a loucura. Auschwitz foi unha industria ben planificada e un sistemático centro de investigación, mais ao servizo da exclusión, do odio e da morte. A memoria viva da Shoa e a solidariedade coas súas víctimas son marcas distintivas da Europa democrática que nós compartimos. Desde as aulas e desde os laboratorios da Universidade da Coruña debemos manternos alerta contra calquera forma de antisemitismo ou de exclusión racial ou social, apareza baixo a bandeira que apareza.
A memoria fainos máis libres.
Por todo isto, a Universidade da Coruña súmase á celebración do día 27 de xaneiro como Día Oficial da Memoria do Holocausto e a Prevención dos Crimes contra a Humanidade.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2005