 |
21-agosto-09. Recibimos unha resolución da Consellería de
Traballo e Benestar, con data do 5 de agosto e saída do 11 de agosto, na
que se acorda a publicación no BOP do noso Convenio Colectivo.
|
|
|
06-agosto-09. Firma dun novo cambio ao convenio a instancias
da Consellería de Traballo (artigo 45.2).
|
|
|
29-xullo-09. Reunión coa xerencia. Negociación das
convocatorias das áreas de conserxería e informática. A negociación
prolongouse ata o día seguinte en sesións de mañá e tarde. Houbo
preacordo aínda que quedaron algúns flecos por concretar. Dificilmente
poderán concretarse antes da semana do 17 ao 21 de agosto.
|
|
|
27-xullo-09. Reunión
extraordinaria do Comité de Empresa. Concreción dunha proposta
alternativa para as convocatorias das áreas de Conserxaría e
Informática. Firma das follas modificadas do convenio por imposición da
Consellería de Traballo. As modificacións afectan a textos que non foron
modificados na negociación senon que xa estaban presentes no anterior
convenio, e que non concordaban co Estatuto dos traballadores vixente
(28.2.2, 43.a, 44.b e 45.2).
|
|
|
23-xullo-09. A xerencia xa deu orde de pago das nóminas
segundo o novo convenio, pese a que aínda non foi publicado. Non
obstante pode que non se faga efectiva a adaptación até a nómina de
agosto.
|
|
|
22-xullo-09. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa.
Estudo e valoración das propostas recibidas de xerencia para as
convocatorias de concurso-oposición das áreas de Conserxaría e
Informática, así como un concurso de traslados (5 prazas do grupo IV-B).
|
 |
13-xullo-09. Denuncia da
convocatoria de
7 bolsas para o CECAFI.
|
|
|
1-xullo-09. Continuación da Reunión do Comité de Empresa
iniciada o 22 de xuño.
|
 |
30-xuño-09. Reunión do Consello de Goberno. Adxúntase informe
do tratado segundo o noso representante.
|
 |
26-xuño-09. Reunión co Sr. Reitor solicitada conxuntamente polo Comité de Empresa e
a Xunta de Persoal. Adxúntase resumo do tratado segundo o presidente do
Comité.
|
 |
23-xuño-09. Presentada solicitude de corrección de erro no
posto Número 427 da RPT.
|
 |
23-xuño-09. Presentada ante a Inspección de Traballo unha
denuncia relativa á área de rede do SIC.
|
|
|
22-xuño-09. Reunión do Comité de Empresa ás
17:00 na reitoría. Entre os asuntos a tratar estaban os criterios para as vindeiras convocatorias de oposición.
A reunión continuará o vindeiro mércores 1 de xullo.
|
 |
19-xuño-09. Presentada ante a Inspección de Traballo unha
denuncia conxunta relativa a privatización parcial do servizo de
información telefónica.
|
 |
10-xuño-09. Asinouse o Convenio Colectivo. Asinaron o Reitor, o presidente do Comité de Empresa e os
delegados de todos os sindicatos. Detectouse a última hora un erro no
anexo VI, que foi corrixido posteriormente (12 de xuño). O anexo VI
detalla o acordo do ano 2006 para a distribución das prazas de promoción
interna.

|
|
|
5-xuño-09. Reunión do Comité. Valoración das xuntanzas co
xerente e a Xunta de Peroal. Nomeamento de representante no Consello de
Goberno e estudo das próximas actuacións (convocatorias, cursos, etc.).
|
|
|
5-xuño-09. Reunión coa Xunta de Persoal. Chegóuse a acordos en
canto ao maneira de encarar ás privatizacións, becarios ou laboras en
postos estructurais e acción social. Os acordos iranse materializando
nas vindeiras semanas.
|
 |
4-xuño-09. O Consello Social aprobou o Convenio Colectivo.
Pulsa no icono da esquerda para baixar o texto definitivo.
|
 |
27-maio-09. Reunión coa xerencia. Adxúntase resumo do tratado.
|
|
|
21-maio-09. Reúnese o Comité de empresa para preparar a
reunión coa xerencia.
|
|
|
5 e 6-maio-09. Resultado das asembleas celebradas na Coruña e
Ferrol
|
|
Votos a
favor da
firma do convenio |
Votos
en contra da
firma do convenio |
Abstencións
|
|
Ferrol |
13 |
0 |
1 |
|
A Coruña |
39 |
1 |
6 |
|
Total |
52 |
1 |
7 |
|
|
|
27-abr-09. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa. Entre
outros asuntos tratouse da convocatoria de asembleas para a ratificación
do III Convenio Colectivo. As asembleas celebraranse a vindeira semana:
- Martes 5 de maio ás 18 horas: Ferrol (Fac.
Humanidades - Salón de Graos)
- Mércores 6 de maio ás 18 horas: A Coruña (Salón
de Actos da ETS de Mariña Civil)
Pulsa aquí para baixar o texto do
convenio*
* O texto final foi enviado ao servizo de normalización
lingüística para a súa revisión. Recomendamos esperar á versión final
para a súa impresión, especialmente si se fai con vistas ao estudo de
cara ás oposicións.
|
|
|
23-abr-09. Remata a negociación do Convenio.
|
|
|
21-abr-09. Pódese consultar un simulador para ver cómo quedan
as retribucións. O cálculo de nóminas é complexo e, pese ás
comprobacións, pode haber erros de cálculo polo que debe tomarse como
algo orientativo. Precísase javascript habilitado.
Ver simulador
|
|
|
15-abr-09. Reunión do Comité de Empresa.
|
|
|
03-abr-09. Reunión da mesa de negociación do Convenio. Chégase
a un preacordo económico. Iníciase o repaso ao texto final do Convenio.
|
|
|
27-mar-09. Reunión do Comité de Empresa. Evaluación da
proposta económica da Xerencia e asuntos de trámite.
|
|
|
24-mar-09. Reunión da Comisión de negociación do convenio. A
Xerencia achega unha oferta económica, baseada na proposta do
Comité, pero con modificacións. Chégase a un preacordo, a falta da
comprobación concreta das contas e o texto.
|
|
|
16 e 17-mar-09. Resultado das asembleas celebradas na Coruña e
Ferrol
|
|
Votos a
favor de
manter a transitoria |
Votos a
favor da
alternativa económica |
Abstencións
|
|
Ferrol |
15 |
0 |
1 |
|
A Coruña |
53 |
2 |
4 |
|
Total |
68 |
2 |
5 |
|
|
|
11-mar-09. O Comité de Empresa convoca a unha asemblea
extraordinaria aos traballadores dos grupos IVA e IVB que terá lugar en:
Ferrol: luns 16 de marzo ás 18:00 horas na Sala de
Graos da Facultade
de Humanidades
A Coruña: martes 17 de marzo ás 18:00 horas na Aula Magna da
Facultade de Socioloxía
Na asemblea decidirase o camiño a tomar respecto da Transitoria II,
decidindo entre mantela como está ou aceptar a proposta económica da
xerencia a cambio de renunciar ás promocións.
A proposta económica da xerencia pode levarse a cabo de dous xeitos:
a) Un incremento bruto mensual de 100€ no complemento de posto para
todas as categorías dos grupos IVA e IVB. O total do incremento non se
acadaría ata o ano 2011. Para o ano 2009 aplicaríase o 30%, no ano 2010
pasaría a ser o 70%, e no ano 2011 acadaríase o 100% do incremento
proposto.
b) Un incremento bruto mensual de 110€ no complemento de posto para
todas as categorías dos grupos IVA e IVB. Levaríase a cabo en dous anos:
50% no ano 2010 e acadaríase o 100% en 2011.
|
|
|
10-mar-09. Reunión da Comisión de negociación do convenio. O
comité rechaza a proposta económica da xerencia tal como está, e propón modificacións á mesma. Por motivos alleos ao comité a seguinte reunión
posponse até o martes 24 de marzo.
|
|
|
09-mar-09. Reunión extraordinaria do Comité para valorar a
nova proposta.
|
|
|
06-mar-09. Reunión da Comisión de negociación do convenio. A
xerencia presenta unha nova proposta económica, substancialmente
diferente tanto na súa cuantía como conceptualmente.
|
|
|
25-feb-09. Reunión da Comisión de negociación do convenio. Remátase a
negociación da parte normativa. Chegados á parte económica as posturas
son tan distantes que se interrompe a negociación. Acórdase deixar un
período de reflexión, e ter unha nova reunión o 6 de marzo.
|
|
|
17 e 19-feb-09. Reunións da Comisión de negociación do convenio. A
xerencia achega a proposta económica a cambio da anterior transitoria II, que pode
levarse a cabo de dous xeitos:
a)
Un incremento bruto mensual de 100€ no complemento de posto para todas
as categorías dos grupos IVA e IVB. O total do incremento non se
acadaría ata o ano 2011. Para o ano 2009 aplicaríase o 30%, no ano 2010
pasaría a ser o 70%, e no ano 2011 acadaríase o 100% do incremento
proposto.
b)
Un incremento bruto mensual de 110€ no complemento de posto para todas
as categorías dos grupos IVA e IVB. Levaríase a cabo en dous anos: 50%
no ano 2010 e acadaríase o 100% en 2011.
Consultarase aos traballadores dos grupos afectados antes de tomar
unha decisión. |
|
|
16-feb-09. Reunión extraordinaria do Comité, para tratar asuntos da
negociación do convenio.
|
|
|
12-feb-09. Reunión da Comisión de negociación do convenio. A xerencia
está disposta a presentar unha proposta económica a cambio da
transitoria se todos os sindicatos están de acordo en explorar esa vía.
O comité pide que a proposta se concrete.
|
|
|
10-feb-09. Reunión extraordinaria do Comité, para unificar posturas
de cara a negociación do convenio.
|
|
|
03 e 04-feb-09. Reunións da Comisión de negociación do convenio.
Houbo acordo na distribución da puntuación entre a oposición e a fase de
concurso.
|
|
|
2-feb-09. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa, que terá
continuación o martes 10.
|
|
|
27 e 28-xan-09. Reunións da Comisión de negociación do convenio.
|
|
|
26-xan-09. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa.
|
|
|
22-xan-09. Constitución da mesa negociadora do III Convenio
Colectivo.
|
 |
15-xan-09. Entregada á Xerencia a proposta de convenio do Comité
|
 |
14-xan-09. Reunión do Comité de Empresa (continuación da reunión
ordinaria do 19 de decembro de 2008)
|
 |
22-dec-08. Solicitude de reunión e información á Xerencia.
|
 |
22-dec-08. Escrito ao Reitor e ao Xerente sobre acoso laboral na UDC.
|
|
19-dec-08. Reunión ordinaria do Comité de Empresa
|
 |
18-dec-08. III Convenio Colectivo. Borrador coa proposta de modificacións do
articulado da Universidade.
|
|
04-dec-08. Asemblea na Coruña
|
|
03-dec-08. Asemblea en Ferrol
|
 |
05-dec-08. Denuncia da
convocatoria de axudas de matrícula para PAS
|
 |
28-nov-08. Reunión extraordinaria do Comité
|
 |
10-nov-08. Reunión extraordinaria do Comité
|
 |
05-nov-08. Constitución do Comité
|
|
|
Voltar á paxina
inicial
|