|
01-dec-08. Convocatoria de asembleas
O Comité de Empresa do PAS laboral da UDC, na reunión
extraordinaria celebrada o día 28 de novembro, decidiu convocar unha
asemblea de traballadores:
CAMPUS DE FERROL: o mércores 3 de decembro ás 18 horas
na Sala de Graos da Facultade de Humanidades de Ferrol - Campus de
Esteiro
CAMPUS DA CORUÑA: o xoves 4 de decembro ás 18 horas no
Salón de actos da ETS de Náutica e Máquinas – Campus de Riazor
A finalidade das asembleas é, ademais de presentar ao
novo Comité, a de informar sobre a proposta de negociación feita
pola universidade.
|