COMPOSICIÓN    CONTACTO     UDC              

    

ACORDOS COA UNIVERSIDADE


III Convenio Colectivo

10 de xuño de 2009.

Asinouse o Convenio Colectivo. Asinaron o Reitor, o presidente do Comité de Empresa e os delegados de todos os sindicatos.

Pulsa aquí para descargar o texto (pdf) 

 

Acordo económico

 

3 de abril de 2009

A maiores das subas xa aplicadas (2% en 2008 e 2% en 2009) o acordo económico pretende uniformizar progresivamente os complementos de posto establecendo uns complementos de referencia para cada grupo.

As subas son maiores canto mais baixo é o complemento inicial respecto do de referencia. Todos os postos acadan o seu complemento de referencia en xullo de 2010. Os complementos que aparecen na tabla en bermello non experimentan suba xa que no punto de partida están por enriba dos que teñen como referencia final.

Asemade, o complemento de posto incorpórase progresivamente ás pagas extras, nas cuantías reflectidas na tabla.

As cantidades sinaladas para 2010 veranse incrementadas na porcentaxe de suba básica que establezan os orzamentos xerais do Estado para os traballadores públicos.

 

Pulsa aquí para ver a tabla cos importes do complemento de posto (pdf)

Pódese consultar un simulador para ver cómo quedan as retribucións. O cálculo de nóminas é complexo e, pese ás comprobacións, pode haber erros de cálculo polo que debe tomarse como algo orientativo. Precísase javascript habilitado. Testeado coas versións: Mozilla 3.0.8, Explorer 7.0.5730.11 e Chrome 1.0.154.53.

Pulsa aquí para ver o simulador