 |
22-xaneiro-2013. Documento co resultado das votacións das asembleas do pasado día 21, no que se ratificou con matices a RPT presentada pola Xerencia.
|
 |
11-xaneiro-2013. Xerencia transmite ao Comité de Empresa a proposta definitiva da RPT, e maila, Memoria da mesma.
|
|
|
18-decembro-2012. Reunión do Comité de Empresa e a Xunta de Persoal ás 9 horas. Despois desta o Comité de Empresa quedará reunido.
|
|
|
4-decembro-2012. Reunión do Comité de Empresa e a Xunta de Persoal ás 8,30 horas. Despois ás 13 horas, unha comisión mixta do Comité e da Xunta reunirase coa Xerencia para tratar a instrucción que fai referencia á xornada laboral.
|
 |
30-novembro-2012. No seguinte documento presentado por rexistro á Xerencia, tendes as apreciacións do Comité de Empresa á RPT.
|
 |
26-novembro-2012. O día 27 de novembro (martes) terá lugar no campus de Ferrol na Facultade de Humanidades, no Salón de Graos ás 14 horas, unha asemblea informativa sobre a nova proposta de RPT transmitida esta semana pola Xerencia. Aquí tendes a comunicación da mesma presentada ao Xerente.
|
|
|
22-novembro-2012. Reunión do Comité de Empresa coa Xerencia ás 11,30. Para recibir as modificacións e correccións introducidas no proxecto de RPT do PAS.
|
|
|
26-outubro-2012.
AVISOA asemblea do Campus de Coruña que vai ter lugar o día 30 de outubro no salón de graos da Facultade de Socioloxía, muda a súa hora de inicio ás 19,00. Desculpade as molestias.
|
 |
25-outubro-2012. Asembleas informativas do Comité de EmpresaPara informar sobre o proxecto de RPT presentado pola Xerencia.Día 29 ás 14,30 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades de FerrolDía 30 ás 19,00 horas, no salón de graos da Facultade de Socioloxía no campus de Elviña da Coruña.Comunicación presentada á Xerencia.
|
|
|
24-outubro-2012. Reunión do Comité de Empresa coa Xerencia para tratar sobre o proxecto de RPT ás 12,30 na Reitoría.
|
|
|
17-outubro-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 10,00 na Reitoría, para examinar a proposta de RPT transmitida pola Xerencia.
|
|
|
11-outubro-2012. Reunión da Xerencia co Comité de Empresa ás 13,30 na Reitoría, para tratar entre outros asuntos a nova RPT do PAS.
|
|
|
9-outubro-2012. Reunión da comisión mixta (Xunta de persoal / Comité de Empresa) co Xerente, para tratar a aplicación da instrución da Xerencia relativa á IT.
|
|
|
8-outubro-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 10,30 horas na Reitoría.
|
 |
1-outubro-2012. A Xerencia convoca a un representante por cada organización sindical do PAS tanto laboral como funcionario ás 10,30 na reitoría, para tratar a nova instrución que determinará as prestacións económicas nos casos de incapacidade temporal dos traballadores co obxecto de aplicar o artigo 9 do Real Decreto-Lei 20/2012.
|
|
|
19-setembro-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 10 horas na Reitoría.
|
 |
24-xullo-2012. Nova publicación de actas das reunións do Comité no apartado Documentos.
|
|
|
14-xullo-2012.Resultado das votacións nas Asembleas de Coruña e Ferrol
Validación do acordo acadado pola mesa de funcionarización por parte do colectivo

|
|
|
10-xullo-2012.Convocatoria de Asembleas para todo o Persoal Laboral
Campus de Ferrol: Día 12 (xoves) ás 13 horas (votación ás 14,30 horas) na Facultade de Humanidades no salón de graos
Campus de Coruña: Día 12 (xoves) ás 19 horas (votación ás 20,30 horas) no Paraninfo da Reitoría (temos autorización para aparcar de 17 a 22 horas).
Orde do día: Acordo de Funcionarización do persoal laboral e validación do mesmo polo colectivo mediante votación. * Envióuselle comunicación ao Xerente para que facilite a asistencia de todo o mundo.
Aquí tendes o enlace ao ACORDO DEFINITIVO acadado para que o vaiades examinando.
|
|
|
03-xullo-2012.Resultados das votación nas Asembleas de Coruña e Ferrol, Grupos IV A e B
Ante a pregunta: Despois de informados das condicións iniciais indicadas pola xerencia, adherídesvos á continuación desta negociación?, o resultado obtido foi o seguinte:

|
 |
19-xuño-2012. Proposta de funcionarización da Xerencia.
|
|
|
15-xuño-2012.Convocatoria de Asembleas Grupo IV
Campus de Coruña: Día 20 (mércores) ás 18 horas na Facultade de Socioloxía no salón de graos
Campus de Ferrol: Día 21 (xoves) ás 18 horas na Facultade de Humanidades no salón de graos
É importante a vosa asistencia xa que temos importantes decisións que tomar sobre a Transitoria II e a Funcionarización
|
 |
11-maio-2012. O Comité de empresa solicita por escrito á Xerencia unha reunión o máis urxente posible para tratar a execución da disposición transitoria segunda..
|
|
|
09-maio-2012.Reunión do Comité de Empresa ás 9,30 horas na Reitoría.
|
 |
04-maio-2012. Xerencia transmite ao Comité un proxecto de RPT. Está suxeito a modificiacións pero aínda non sabemos ate onde poden chegar. O Documento RPT (contén tódalas prazas) ten erros que se apreciaron no momento de proporcionalo. As prazas reordéanse en función da estrutura organizativa actual. O Comité reunirase o mércores para analizala. RPT (tódalas prazas), e, RPT (resumo dos cambios realizados).
|
|
|
04-maio-2012.Reunión do Comité de Empresa coa Xerencia ás 9,30 horas na Reitoría.
|
|
|
25-abril-2012. O Xerente informa que a aplicación da instrución na que se fai referencia ao peche da institución durante dúas semanas no mes de agosto, non será de aplicación ata o ano 2013.
|
|
|
25-abril-2012. Reunión do Comité de Empresa as 14,00 horas na reitoría coa Xerencia.
|
|
|
25-abril-2012. Reunión da comisión de funcionarización. Pola parte do Comité de Empresa acudirán: Manuel Romero Beade (USO), María Teresa Rey Souto (UGT), Javier López Domínguez (CCOO), Enrique José pena Pérez (CIG), Jesús Florentino Puente Varela (CUT).
|
|
|
23-abril-2012. Reunión dos presidentes do Comité de Empresa e a Xunta de Persoal co Reitor ás 9,30 horas para abordar o tema do peche vacacional do mes de agosto.
|
 |
21-abril. Borrador da Xerencia polo que se pretende pechar a institución do 6 ao 19 de agosto.
|
|
|
20-abril-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 10 horas na Reitoría.
|
|
|
20-abril-2012. No apartado DOCUMENTOS, tendes os ultimos escritos presentados ante a institución.
|
|
|
18-abril-2012. Reunión do Comité de Empresa coa Xerencia ás 13 horas na Reitoría.
|
|
|
12-abril-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 10 horas na Reitoría.
|
 |
27-marzo-2012. Comunicado do Comité de Empresa referido á folga do día 29.
|
 |
16-marzo-2012. Resumo da xuntanza mantida coa Xerencia o día 14.
|
|
|
14-marzo-2012. Reunión do Comité de Empresa co novo Xerente ás 12 horas na Reitoría.
|
 |
9-marzo-2012. Solicitude de informacion presentada á Xerencia.
|
 |
7-marzo-2012. O Comité de empresa reunido a día de hoxe, decide facer público o seguinte comunicado.
|
|
|
7-marzo-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
 |
19-febreiro-2012. Despois da reunión mantida o pasado día 17, o Comité de Empresa acorda solicitar unha xuntanza urxente co novo Xerente, aquí vos deixamos unha nota cos puntos vitais a tratar na mesma. |
|
|
17-febreiro-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
|
|
2-febreiro-2012. Reunión do Comité de Empresa coa Xerencia na Reitoría.
|
|
|
1-febreiro-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 10 horas na Reitoría.
|
|
|
9-xaneiro-2012. Reunión do Comité de Empresa ás 9:30, de seguido reunión coa Xerencia ás 12:30 horas na Reitoría.
|
|
|
21-decembro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 12:00 horas na Reitoría.
|
|
|
15-decembro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa coa Xerencia ás 9:00 horas na Reitoría.
|
|
|
14-novembro-2011. Reunión conxunta do Comite de Empresa e Xunta de Persoal coa Xerencia ás 13,30, para tratar o proxecto de control no edificio dos servicios xerais de investigación.
|
 |
8-novembro-2011. Máis actas das reunións do comité, actualizadas ata o 18 de outubro do 2011. Documentos.
|
|
|
8-novembro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
|
|
4-novembro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
|
|
25-outubro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
 |
19-outubro-2011. O Comité de empresa precisa vosa axuda para saber en que categorías, das que aínda non se convocou ningún curso, hai compañeiros interesados na súa realización. Aquí tendes o enlace ao texto acordado.
|
|
|
18-outubro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
 |
11-outubro-2011. Segundo o acordado nas últimas asembleas, o presidente do Comité presentou por rexistro comunicación á Xerencia da suspensión de reunións da comisión negociadora do IV convenio colectivo mentres non nos faga chegar unha nova RPT. Aquí vos deixamos o documento presentado por rexistro.
|
|
|
10-outubro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
 |
6-outubro-2011. Imos colgar as actas pendentes de facer públicas, aquí tendes a primeira remesa. Documentos.
|
 |
30-setembro-2011. Xa temos sentenza sobre a demanda interposta á convocatoria do concurso-oposicion de auxiliares de servizo, aquí tedes a sentenza. |
|
|
28-setembro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9:30 horas na Reitoría.
|
|
|
6-setembro-2011. CONVOCATORIA DE ASEMBLEAS
Ferrol: martes 13 de setembro no salón de graos da Facultade de Humanidades. Campus de Esteiro
Coruña: mércores 14 de setembro na Escola de Náutica e Máquinas. Campus de Riazor
Orde do día:
- RPT
- Execución da Transitoria II do convenio colectivo
- Convocatorias pendentes e cursos
- Rogos e preguntas
Aquí tedes o enlace ao documento presentado por rexistro.
|
|
|
6-setembro-2011. Despois do parón do mes de agosto, o Comité de Empresa reúnese ás 10 horas na Reitoría.
|
|
|
26-xullo-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa para o día 26, ás 9:30 horas na Reitoría.
|
|
|
18-xullo-2011. O Comité de Empresa reunirase o vindeiro luns día 18, ás 9:30 horas na Reitoría.
|
|
|
29-xuño-2011. O Comité de Empresa reunirase o vindeiro mércores día 29, ás 09:45 horas, na Reitoría para proceder ao estudo e elaboración do proxecto de Convenio.
|
|
|
25-xuño-2011.IV CONVENIO COLECTIVO O pasado día 23 de xuño quedou constituída a Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo de PAS Laboral formada, de xeito paritario, entre a Xerencia e o Comité de Empresa. Nesta primeira reunión acordouse tomar como base da negociación o Convenio vixente ao que se lle farán as modificacións, que se pacten. A próxima reunión da Mesa Negociadora quedou fixada para o martes 12 de xullo. O Comité de empresa abre un período de tempo para que o/a interesado/a faga as aportacións que considere oportunas para a confección do anteproxecto de negociación. Nun prazo o máis curto posible procederemos a enviarvos o proxecto de negociación para que o avaliedes.
|
|
|
23-xuño-2011. Reunión do Comité coa Xerencia para constituír a mesa negociadora do novo convenio colectivo, ademáis trataranse outros asuntos.
|
|
|
14-xuño-2011. Despois da consulta realizada por parte do presidente do Comité de Empresa coa Xerencia queremos comunicarvos que:
* Os traballadores, que aprobaron con praza, aínda que agora teñan que deixar o posto, poden optar por gozar os días agora ou deixalos para despois de asinar como fixos.
* Os que non aprobaron poden pedir os días agora e liquídase todo co finiquito.
|
|
|
9-xuño-2011. Convocada reunión ordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas.
|
|
|
18-mayo-2011. Convocada reunión ordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas.
|
|
|
9-mayo-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas, para tratar o intercambio vacacional do PAS.
|
|
|
13-abril-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas, para analizar a derradeira reunión coa Xerencia.
|
|
|
8-abril-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa coa Xerencia ás 11 horas para tratar as convocatorias pendentes.
|
|
|
30-marzo-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas.
|
 |
17-marzo-2011. Despois da reunión mantida hoxe coa Xerente eo Secretario Xeral, para pactar os servizos mínimos correspondentes ao paro do 25 de marzo, facémosvos chegar a acta da reunión. |
| |  |
 |
15-marzo-2011. Comunicado do Comité sobre o paro do día 25 de marzo |
|
|
15-marzo-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 10 horas. O asunto a tratar será o PARO do vindeiro día 25.
|
 |
11-marzo-2011. Despois do decidido nas asembleas o Comité de Empresa procedeu a presentar a correspondente comunicación de PARO do día 25, de 8 a 12 horas, aos correspondentes organismos da UDC, aquí podedes ve-los escritos presentados máis a acta da reunión do Comité, na que se refrendou por ampla maioría o decidido polos traballadores.
|
 |
26-febreiro-2011. O Comité de Empresa presenta conflito colectivo contra o desconto do 5 % aplicado ao PAS laboral.
|
 |
23-febreiro-2011. Convocatoria de Asembleas:
- 28 de febreiro en Ferrol, ás 17,30 h. na Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro)
- 1 de marzo en Coruña, ás 17,30 h. na Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña)
No escrito de comunicación á xerencia podedes ve-la orde do día.
|
 |
21-febreiro-2011. Podedes ver as derradeiras actas das reunións do Comité no apartado Documentos.
|
|
|
21-febreiro-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas.
|
 |
17-febreiro-2011. Comunicado do Comité de Empresa.
|
|
|
16-febreiro-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa coa Xerencia ás 10 horas.
|
 |
3-febreiro-2011. O Comité de Empresa reunido a día de hoxe acorda emitir o seguinte comunicado.
|
|
|
3-febreiro-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 10 horas.
|
|
|
25-xaneiro-2011. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 9,30 horas. Para tratar as modificacións que vai a sofrer o sistema de intercambio vacacional do PAS. |
|
|
10-xaneiro-2011. Convocada reunión do Comité de Empresa ás 10 horas. |
|
|
22-decembro-2010. Convocada reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 9,30. Para tratar as convocatorias pendentes. |
 |
1-decembro-2010. Despois da reunión, o Comité de Empresa decide emitir o seguinte Comunicado |
|
|
1-decembro-2010. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa ás 10, para a análise da resolución do tribunal da oposición de auxiliares de servizos. |
 |
26-novembro-2010. Comunicado do Comité de Empresa sobre o exame de auxiliares de servizos. |
|
|
26-novembro-2010. Reunión do Comité de Empresa ás 9,30. |
 |
24-novembro-2010. O Comité de Empresa no día de onte recurriu o exame de Auxiliares de Servizos realizado o día 21. O Comité lamenta profundamente os trastornos que isto vai ocasionar aos opositores afectados pero temos que garantir a legalidade do proceso en todo momento. Os achegamos enlaces aos documentos de corrección de erros publicado no DOG, corrección de erros publicado no BOE, e por último o recurso de alzada que presentou onte o Comité. |
|
|
23-novembro-2010.Convocada reunión do Comité de Empresa ás 9,30. |
|
|
16-novembro-2010. Reunión do Comité de Empresa coa Xerencia ás 9,30. |
|
|
10-novembro-2010. Convocada para as 9,30 (1ª convocatoria), 10 (2ª convocatoria) reunión extraordinaria do Comité de
Empresa. |
 |
3-novembro-2010. Ao remate da reunión, se decide emitir o seguinte comunicado. |
|
|
3-novembro-2010. Convocada para as 9 (1ª convocatoria), 9,30 (2ª convocatoria) reunión extraordinaria do Comité de
Empresa. |
|
|
26-outubro-2010. Convocada para as 10 unha reunión do Comité de
Empresa para, ademais de varios asuntos de trámite, analizar a situación
e avaliar as alternativas. |
|
|
19-outubro-2010. Reunión coa xerencia, na que se nos informou do
estado de cousas en canto ao financiamento. |
 |
13-outubro-2010. Reunión do Comité de Empresa para valorar a
resposta da universidade ao escrito enviado. |
 |
4-outubro-2010. Reunión do Comité de Empresa. Ao remate da
reunión emitiuse un
comunicado. |
|
|
14-setembro-2010. Reunión coa xerencia para tratar dos temas
pendentes (convocatorias, cursos e RPT). |
|
|
13-setembro-2010. Reunión do Comité de empresa para a preparar a
reunión coa xerencia. |
 |
03-setembro-2010. Envíase solicitude de reunión á xerencia. |
|
|
02-setembro-2010. Reunión co persoal de laboratorio. |
 |
16-xullo-2010. Antes e despois da reunión coa xerencia,
elaboramos un documento
consensuado de mínimos sobre a RPT que foi posteriormente remitido ao
Reitor, tal como quedáramos na reunión do mércores. |
|
|
16-xullo-2010. Reunión coa xerencia ás 10 para dar cumprimento ao
trámite de resolución extraxudicial de conflitos previsto no convenio
colectivo, dentro do proceso de denuncia contra o recorte salarial do
5%. |
|
|
14-xullo-2010. Reunión co reitor, coa asistencia tamén da xerenta.
Aínda que non houbo acercamento de posturas, quedou unha pequena
posibilidade aberta. |
|
|
14-xullo-2010. Reunión do Comité ás 9:30 para preparar a reunión
co reitor. |
|
|
08-xullo-2010. Reunión do Comité. Asuntos de trámite: informe de
varias convocatorias para listas de agarda (Tec. esp. en mantementos e
Tec. esp. laboratorio de electrónica). Ante a falta de resposta por
parte do Reitor e a constatación de que non había data para recibirnos,
o comité estudou variar medidas a tomar, sendo a primeira esperar o
Reitor diante da porta do seu despacho. Afortunadamente déusenos cita
esa mesma mañá para o mércores seguinte. |
|
|
01-xullo-2010. Reunión do Comité para valorar o resultado das
asembleas e estudar os pasos a seguir. Solicitamos unha reunión urxente
ao Reitor. |
|
|
28 e 29-xuño-10. Resultados das asembleas celebradas na Coruña e
Ferrol
Respecto de emprender accións legais contra o recorte salarial
(renunciando a negociar unha aplicación progresiva):
|
|
Votos a
favor |
Votos
en contra |
Abstencións |
|
Ferrol |
13 |
0 |
0 |
|
A Coruña |
45 |
0 |
2 |
|
Total |
58 |
0 |
2 |
Respecto de informar
favorablemente a
proposta de RPT:
|
|
Votos a
favor |
Votos
en contra |
Abstencións |
|
Ferrol |
0 |
11 |
4 |
|
A Coruña |
4 |
26 |
16 |
|
Total |
4 |
37 |
20 |
|
 |
28 e 29-xuño-10. Asembleas:
Ferrol: 28 de xuño ás 17:30 no Salón de Graos da Facultade de
Humanidades
Coruña: 29 de xuño ás 17:30 na aula 05 da Facultade de Económicas
(Elviña)
Orde do día:
-
Aplicación ao PAS laboral da modificación da Lei 9/2009 de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010
-
Relación de Postos de Traballo (ver
documento en pdf)
-
Convocatorias de concurso-oposición
-
Rogos e preguntas
|
|
|
24-xuño-10. 16:30 h - Reunión da mesa negociadora da RPT.
Proxecto definitivo de RPT.
|
|
|
21-xuño-10. Reunión da mesa negociadora da RPT.
|
|
|
16-xuño-10. 09:30 h - Reunión do Comité de Empresa. RPT e RDL
8/2010 (descontos).
|
|
|
14-xuño-10. Reunión da mesa negociadora da RPT. Proxecto de
RPT elaborado pola Xerencia.
|
|
|
14-xuño-10. Reunión do Comité de Empresa. Informe das
comisións de convocatorias e formación. Horario dos días 13 e 14 de
setembro nos centros. Análise das consecuencias do RD Ley 8/2010.
|
|
|
25-maio-10. Reunión do Comité de Empresa. Asuntos tratados:
reglamento formación, problemas cos cursos de perfeccionamento, comisión
de convocatorias (temarios).
|
 |
Cursos de perfeccionamento
28-maio-10 Información da que dispoñemos:
horario dos cursos
|
|
|
RPT: Estamos agardando unha proposta definitiva por parte da
Universidade.
|
|
|
06-maio-10. Reunión da mesa negociadora da RPT ás 09:00. Ao
rematar houbo reunión do Comité de Empresa.
|
|
|
03-maio-10. Reunión da mesa negociadora da RPT ás 11:30.
|
|
|
28-abril-10. Reunión da mesa negociadora da RPT.
|
|
|
28-abril-10. Reunión do Comité de Empresa. Asuntos: RPT,
convocatorias de oposición, proposta de membros de tribunais para as
oposicións.
|
|
|
26-abril-10. Reunión da mesa negociadora da RPT.
|
|
|
26-abril-10. Reunión do Comité de Empresa. Asuntos: RPT,
cursos, incidencias no intercambio de vacacións.
|
|
|
21-abril-10. Reunión da mesa negociadora da RPT.
|
|
|
21-abril-10. Reunión do Comité de Empresa. RPT e
convocatorias.
|
|
|
19-abril-10. Reunión da mesa negociadora da RPT.
|
|
|
13-abril-10. Reunión do Comité de Empresa.
Comunicado do Comité.
|
|
|
25-marzo-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
23-marzo-10. Reunión do Comité de Empresa ás 9:30 h.
|
|
|
18-marzo-10. Reunión do Comité cos laborais fixos de
laboratorio do grupo IVA.
|
|
|
15-marzo-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
15-marzo-10. Reunión do Comité de Empresa ás 9:00 h. Temarios,
convocatorias e RPT.
|
|
|
11-marzo-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
8-marzo-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
5-marzo-10. Reunión do Comité de Empresa. Temarios, cursos,
convocatorias e RPT.
|
|
|
1-marzo-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
1-marzo-10. Reunión do Comité de Empresa. RPT e asuntos
pendentes.
|
|
|
26-febreiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
23-febreiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
11:30 h.
|
|
|
17-febreiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
16:30 h.
|
|
|
15-febreiro-10. Reunión do Comité de Empresa ás 10:00 para
tratar cuestións relativas á RPT. Sala de Reunións nº 2 - Reitoría.
|
|
|
10-febreiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
16:30 h.
|
|
|
10-febreiro-10. Reunión do Comité de Empresa ás 10:00 para
tratar cuestións relativas á RPT.
|
|
|
08-febreiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
16:30 h.
|
|
|
03-febreiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
16:30 h.
|
|
|
02-febreiro-10. Reunión do Comité de Empresa. Elaboración
dunha proposta de temarios para diversos grupos afectados pola
Transitoria II.
|
|
|
01-febreiro-10. Reunión do Comité de Empresa para concretar
unha proposta sobre a Transitoria II.
|
|
|
25-xaneiro-10. Reunión de traballo do Comité de Empresa para
tratar sobre a Transitoria II.
|
|
|
20-xaneiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010 ás
16:30 h.
|
|
|
18-xaneiro-10. Reunión do Comité de Empresa ás 9:30 para
tratar a Transitoria II.
|
|
|
13-xaneiro-10. Reunión da mesa negociadora da RPT 2010. Estase
a negociar a Transitoria II.
|
|
|
11-xaneiro-10. Reunión coa xerencia para tratar as
convocatorias do persoal de laboratorio. Chegouse a un preacordo.
|
|
|
07-xaneiro-10. Reunión do Comité de Empresa. Asuntos de
trámite e preparación da reunión do día 11.
|
|
|
23-decembro-09. Publicada a lista provisional de admitidos
para as
probas selectivas de auxiliares de servizos. Pese a existencia dun
recurso contra a convocatoria o proceso seguirá adiante por dous
motivos:
- Axústase ao estipulado no Convenio Colectivo,
norma vixente que pasou todos os trámites de
legalidade pertinentes, e que non foi recurrida.
- Non se ven motivos racionais suficientes para que
a demanda prospere.
|
|
|
18-decembro-09. Publicada no DOGA a
convocatoria de Técnicos especialistas en informática. O prazo de
presentación de instancias ten como referencia a data de publicación no
BOE.
|
|
|
14-decembro-09. Reunión coa xerencia. Constitución da mesa negociadora da RPT,
que deberá estar rematada no primeiro trimestre de 2010.
|
|
|
14-decembro-09. Reunión do Comité de Empresa.
|
|
|
9-decembro-09. Reunión do Comité de Empresa cos Técnicos de
laboratorio fixos do grupo IV-A.
|
|
|
30-novembro-09. Reunión do Comité de Empresa coa xerencia para
continuar a negociación das convocatorias das áreas de Laboratorio e
Telefonistas.
|
|
|
27-novembro-09. Reunión do Comité de Empresa.
|
|
|
23-novembro-09. Reunión do Comité de Empresa coa xerencia para
negociar as convocatorias das áreas de Laboratorio e Telefonistas. A
negociación aínda non rematou.
|
|
|
19-novembro-09. Reunión do Comité de Empresa cos Técnicos de
laboratorio fixos do grupo IV-A.
|
|
|
12-novembro-09. Reunión do Comité de Empresa. Elaboración de propostas para as
convocatorias de concurso-oposición das áreas de Laboratorio e
Telefonistas: acordouse un plan de traballo. Proposta de regulamento de formación:
ver documento.
|
|
|
09-novembro-09. Publicadas no BOE as
convocatorias de Auxiliares de servizos, técnicos de grao medio en
Informática e Técnicos superiores en Informática.
|
|
|
05-novembro-09. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa. Estudo e valoración das propostas recibidas de xerencia para as
convocatorias de concurso-oposición das áreas de Laboratorio e
Telefonistas.
|
 |
21-outubro-09. Achégase resumo do tratado no Consello de
Goberno, elaborado polo noso representante.
|
|
|
19-outubro-09. Reunión de traballo coa xerencia para
establecer prazos para a resolución dos asuntos pendentes. Entre outros
asuntos de trámite informóusenos de que as convocatorias de conserxaría
e informática xa foron enviadas ao BOE.
|
|
|
8-outubro-09. Reunión do Comité de Empresa. Tratáronse asuntos
de trámite, e decidiuse, entre outas cuestións, a denuncia do
convenio e solicitar da xerencia unha reunión para establecer un
calendario de traballo para desatascar a situación do persoal laboral.
|
|
|
14-setembro-09. Facemos públicas as convocatorias, unha vez
refrendadas pola xerencia as derradeiras modificacións (sección
convocatorias). En esencia, as bases serán iguais para as
convocatorias que restan das afectadas pola disposición transitoria
cuarta do Convenio Colectivo.
|
|
|
04-setembro-09. Reunión extraordinaria do Comité de Empresa.
Entre os temas a tratar estaba a designación de membros para os
tribunais das oposicións e a revisión final das convocatorias.
|
 |
01-setembro-09. Publicado o III Convenio Colectivo no BOP (html
-
pdf). Os atrasos derivados da aplicación do convenio aboaránse na
nómina de setembro.
|
|
|
|
|
|
Ver entradas anteriores
|