Laboratorio de Métodos Numéricos en Enxeñería

Este laboratorio ten como liñas de investigación:

  • Análise estática e dinámica, deseño e optimización de estruturas. Análise de sensibilidade de alta orde para deseño óptimo en enxeñería.
  • Simulación numérica de tomas de terra como sistemas de protección en subestacións eléctricas enterradas, mediante unha formulación baseada no método de elementos de contorno.
  • Mecánica computacional. Desenvolvemento e implementación de métodos numéricos para problemas en enxeñería. Desenvolvemento de códigos de altas prestacións para a simulación de procesos relacionados coa mecánica computacional. Análise isogeométrico.
  • Deseño óptimo de estruturas de soporte para instalacións de xeración de enerxía eólica off-shore. Análise non lineal de estruturas de barras.
  • Simulación de crecemento tumoral. Modelado computacional de campos de fase. Modelos de migración celular aplicados a mobilidade ameboidal. Modelado e simulación de glóbulos vermellos no fluxo sanguíneo e da fusión de agregados celulares.
  • Fluxos turbulentos en augas someras. Validación experimental de modelos de turbulencia. Novos modelos hiperbólicos de transporte por convección-difusión.
  • Métodos inversos de interacción fluído-estrutura baseados en NURBS e T-splines. Análise isogeométrico de láminas Kirchhoff-Love usando T-splines. Resolución de ecuacións diferenciais en forma forte mediante o uso de T-splines de orde arbitraria
  • Grupos topológicos.
  • Efectos das cargas dinámicas de rodaxe na análise a fatiga de firmes flexibles.

As ofertas tecnolóxicas deste laboratorio son as seguintes:

As ofertas tecnolóxicas deste laboratorio son as seguintes:

  • Servizos ofertados

    Simulación por computador de problemas mecánicos, físicos, de dinámica de fluídos etc. En particular, daqueles problemas de gran dimensión ou complexidade. Análises estatísticas e probabilísticos en enxeñería

  • Recursos e equipamentos

    O equipo de investigación dispón dos elementos de cálculo necesarios para a realización de calquera simulación e cálculo, incluíndo o uso de grandes ordenadores de traballo paralelo.



Simulación numérica do comportamento hidrodinámico e a evolución da salinidade en rías e estuarios

Os Lombos do Ulla son unha formación natural de bancos de area situada na desembocadura do Río Ulla, na Ría de Arousa. A extracción de area está prohibida, por motivos ecolóxicos, desde hai décadas. A finais do século XX observouse un descenso da produtividade marisqueira que se atribuía ao posible estancamento de auga doce, orixinado pola acumulación de acarreos fluviais.


Un modelo hiperbólico para o transporte por convección-difusión en CFD

A resolución de problemas de convección-difusión é habitual en enxeñería, por exemplo: a simulación dos efectos dunha vertedura de contaminante no mar, ríos ou atmosfera; a modelización da evolución das reservas de petróleo, gas natural...; a análise da transferencia de masa ou calor en enxeñería química ou nuclear. Por tanto, dado o amplo rango de aplicacións co seu respectivo impacto económico fan deste tipo de problemas un tema de investigación de gran interese.


Métodos de alta orde para a Mecánica de Fluídos Computacional

O desenvolvemento de métodos de alta orde é esencial para a simulación numérica no ámbito da mecánica de fluídos computacional (CFD). Nesta dirección o laboratorio ten varias liñas de investigación entre as que destaca o emprego de volumes finitos xunto a técnicas sen malla (Moving Least Squares, Moving Kriging...)


Métodos numéricos de alta precisión para a simulación do fluxo en turbomáquinas

As turbomáquinas están presentes baixo moitas formas na nosa vida cotiá, desde as bombas centrífugas e os ventiladores de uso común ata as grandes turbinas hidráulicas das centrais hidroeléctricas, sendo un elemento fundamental na xeración de enerxía e en numerosos procesos industriais.


Métodos Numéricos sen Malla en Mecánica Computacional

A simulación numérica de fenómenos nos que se producen grandes deformacións (relacionados, por exemplo, con dinámica de fluídos, impactos a gran velocidade, procesos de conformación plástica, etc) puxo de manifesto as limitacións das técnicas numéricas tradicionais, que precisan da xeración dunha malla para realizar os cálculos.


An isogeometric-analysis based numerical method for tumor angiogenesis

Angiogenesis plays a critical role in tumorigenesis triggering the vascular phase of solid tumor growth. It is a complex biological phenomenon, that activates endothelial cells and promotes capillary growth. Many researches have developed in silico models using discrete, continuous, hybrid or composite approaches. Specifically, the hybrid description is able to track individual cells, whilst it considers continuous phases.


Towards patient-specific simulations and validation of a tumor angiogenesis model using isogeometric analysis

Angiogenesis is defined as the growth of new capillaries from pre- existing ones. Some tumors release a mixture of molecules, called tumor angiogenic factor, that promote angiogenesis. Through this mechanism tumors gain access to nutrients and are able to grow unbounded. An effective antiangiogenic therapy has been long pursued and insights in new therapies are usually obtained through in vivo and in vitro experimentation. One of the most widely known in vivo experiments is the mouse corneal micropocket angiogenesis assay.


Optimización de estruturas de apoio de liñas de transporte de enerxía e implementación nunha contorna CAD

Nesta investigación desenvolveuse un software completo que permite a análise estrutural e a optimización do material utilizado para a construción de torres para o transporte de enerxía eléctrica formadas por barras metálicas.


Restricións en tensión e minimización do peso: Unha metodoloxía xeral para a optimización topológica de estruturas

A optimización topológica de estruturas pretende obter a distribución óptima de material nun dominio predefinido que minimice o custo (peso) e cumpra as restricións que se impoñan. Esta formulación analiza se nun elemento dun modelo de Elementos Finitos debe existir ou non material. O problema así exposto é discreto, pero na práctica exponse de forma continua introducindo o concepto de densidade relativa.


Cálculo e deseño avanzado de tomas de terra en subestacións eléctricas

Os sistemas de tomas de terra son os elementos dunha instalación eléctrica que teñen a finalidade de unir eléctricamente a instalación co terreo. Os seus obxectivos principais son garantir a seguridade das persoas, a protección dos equipos e garantir a continuidade da subministración eléctrica, ante posibles situacións de fallo das subestacións eléctricas.


Un modelo integrado para a análise a fatiga de firmes flexibles considerando os efectos dinámicos de rodaxe

Neste traballo preséntase un modelo integrado para a análise a fatiga de firmes flexibles que considera o efecto da carga dinámica de rodaxe. O obxectivo principal deste traballo é cuantificar a redución que experimenta a vida útil do firme debido ao aumento das cargas dinámicas exercidas polos vehículos a medida que se deteriora progresivamente o perfil lonxitudinal de rugosidade da estrada.


Modelos de simulación numérica para a optimización e a análise económica en xacementos de gas non convencional

Neste proxecto está a desenvolverse unha tecnoloxía para o deseño de pozos de extracción de gas non convencional. A diferenza dos pozos convencionais, nos pozos non convencionais o metano está contido en estratos de roca pouco porosa e con menor permeabilidade. Por tanto, a súa explotación é máis agresiva e complexa.