![]() |
|
|
|
|
|
Lab. de Plásticos - ver foto 3D |
e-mail: labplast@cdf.udc.es |
|
|
O Laboratorio de Plásticos (LabPlast) ten como obxectivo apoiar as actividades de investigación e desenvolvemento (I+D+i) das empresas do sector do plástico a través da prestación de servizos especializados e da relización de proxectos conxuntos, ofrecendo tamén actividades de formación e información. Con este obxectivo trátase de contribuír ao desenvolvemento das empresas do sector plástico en materia de innovación, de forma que se poida mellorar a competitividade das ditas empresas. O Laboratorio de Plásticos, LabPlast, conta coa experiencia dos compoñentes do Grupo de Polímeros da UDC e coa infraestrutura dispoñible no Laboratorio de Polímeros da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol (calorímetro diferencial de |
|
varrido modulado, analizador dinamomecánico, analizador termogravimétrico, máquina de ensaios universal, péndulo de impacto instrumentado, durómetro, microscopia óptica, e analizador microtérmico). Todo iso permite dispoñer, en conxunto, dunha amplísima instrumentación relativa aos ensaios, análises, caracterización e procesado de plásticos. |
|
| << Anterior |
Tlf. 981337400 Ext. 3414 |
|
Servizos que ofrece e características do equipamento. |
|