Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo

Páxina web

Este servizo dá un tratamento global ao proceso de entrada, de tramitación e de arquivo de documentación administrativa.

O Rexistro Xeral da Universidade da Coruña é a unidade administrativa encargada de cursar os documentos dirixidos á Universidade da Coruña e de dar saída aos documentos emitidos por esta. Desenvolve ademais unha función de atención á cidadanía, para a mellora do acceso aos servizos que presta a Universidade. O Rexistro Xeral réxese por un Regulamento propio.

O horario de atención ao público das oficinas de rexistro é de 8.30 a 14.30 horas e nos meses de xullo e agosto de 9.00 a 14.30. As persoas usuarias do Rexistro da UDC teñen uns dereitos recoñecidos e poden formular as suxestións, queixas ou eloxios que consideraren oportunos. Dispoñen, así mesmo, dun modelo de solicitude de carácter xenérico, ao que poderán acompañar a documentación que estimaren conveniente. Estes modelos documentais axudarán a facilitar a atención ao cidadán, como establece o Regulamento do Rexistro Xeral.

O Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña (CEDAR) é unha unidade especializada no tratamento e na xestión da documentación da universidade, na súa custodia e na accesibilidade aos membros da comunidade universitaria e á sociedade en xeral. O Centro de Documentación e Arquivo é unha unidade de apoio á docencia, á investigación e á xestión administrativa da universidade. O CEDAR conta cun Regulamento propio.

O envío de documentos ao CEDAR réxese por unhas Normas básicas de transferencia de documentación e polo Formulario de transferencia de documentos.

O acceso aos documentos do CEDAR poderase levar a cabo mediante a consulta interna ou externa dos documentos. As unidades e os servizos da universidade poderán obter ademais a documentación mediante préstamo, caso de que for necesaria para a tramitación ou para a resolución de asuntos. Para o acceso á documentación deberá cubrirse o Formulario de consulta de documentos e para o préstamo o Formulario de préstamo de documentos.

A Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos, que se constituíu o 25 de xuño de 2008, é o órgano colexiado encargado da avaliación das series documentais producidas polas unidades administrativas e de servizos da universidade. Esta avaliación orixina unhas Normas de Conservación, que marcan as pautas da conservación ou eliminación da documentación da Universidade da Coruña.

Xefe do servizo: José Luís Mínguez Goyanes

CEDAR
cedar@udc.es
Edificio Xoana Capdeville
Campus de Elviña, 15071, A Coruña
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 5682, 5683, 5684

REXISTRO
rexistroxeral@udc.es

Rexistro Xeral
Reitoría
A Maestranza, 15001, A Coruña
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1004, 1018, 1026, 1027
Fax: +34 981 167 011 (ou ext.: 1067 se é envío interno)

Rexistro Auxiliar de Elviña
Casa do Lagar
Campus de Elviña, 15192, A Coruña
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1976, 1977
Fax: +34 981 167 123 (ou ext.: 1978 se é envío interno)

Rexistro Auxiliar de Ferrol
Edificio de Usos Administrativos
Campus de Esteiro, 15403, Ferrol
Tel.: +34 981 337 440 ext. 3812
Fax: +34 981 337 456 (ou ext.: 3651 se é envío interno)


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal