Servizo de Distribución e Transporte

O Servizo de Distribución e Transporte ten encomendada a función de trasladar aos membros do equipo de goberno e autoridades, con atención á seguranza dos mesmos; o desprazamento urxente de persoal auxiliar; a entrega, recollida e clasificación de todo o correo da UDC, tanto interno como externo; a entrega ou recollida de documentación urxente solicitada polas autoridades competentes; a distribución de paquetaría; a de informar a todo o persoal da Universidade das distintas normas postais e telegráficas; xestión, mantemento e control dos vehículos do parque móbil; e control dos vehículos autorizados para acceder ao aparcadoiro da Maestranza.

Xefe do servizo: Ricardo Orgeira Padín

Enderezo:
Reitoría
Rúa da Maestranza, 9
15001-A Coruña

Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1140
Fax: +34 981 167 011 ext.: 1067
parquemobil@udc.es