Servizo de Organización Académica

O Servizo de Organización Académica da Universidade da Coruña, que depende funcionalmente da Vicerreitoría de Organización Académica, ten atribuídas aquelas competencias da actividade universitaria que están previstas no capítulo I "Das ensinanzas e títulos", do título III "Da actividade universitara", dos Estatutos da Universidade da Coruña.

En xeral, pódense sinalar as seguintes funcións:

  • Admisión de alumnos.
  • Normas de xestión académica.
  • Acceso a segundos ciclos de titulacións oficiais.
  • Simultaneidade de estudos.
  • Normas sobre materias de libre elección.
  • Validación e adaptación de estudos, tanto españois como estranxeiros.
  • Adaptación de planos de estudo cursados por alumnos provenientes doutras universidades españolas.
  • Normas de cualificación e actas.
  • Criterios para a aprobación de planos de estudo.
  • Estudos de Terceiro Ciclo. Doutoramento.
  • Expedición de títulos oficiais.

Xefe do Servizo: Víctor Manuel Cabrera Sánchez

Enderezo:
Reitoría
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña

Tel.: +34 981 167 000 ext. 2390, 1137, 1128 e 2350
soa@udc.es