Servizo de Intervención

O Servizo de Intervención é a unidade administrativa dependente da Xerencia, que exerce a función do control interno da xestión económica-financeira da Universidade da Coruña, conforme ao establecido no Artigo 112.3 dos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004 do 13 de maio, e modificados polo Decreto 194/2007 do 11 de outubro.

A función interventora exercerase sobre aqueles procedementos que dean lugar a actos, documentos e expedientes de contido económico. O procedemento de control interno se realiza conforme aos principios legais recollidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na Lei xeral presupostaria, así como dos que con carácter específico se establezan pola Universidade da Coruña.

A súa actuación farase ao amparo da normativa da Universidade da Coruña, pola que se aproban as Normas de control interno dos expedientes de gasto, e con carácter supletorio pola normativa que desenvolve o réxime de control interno exercido pola Intervención Xeral da Administración do Estado.

Persoal

Xefe do Servizo: Eduardo Reigosa Fernández
Xefa da Sección: María Teresa Vázquez Castro
Xefa do Negociado: Enriqueta Egea Lapina
Administrativa: María Raquel Velo Cean
Administrativo: Santiago de Lorenzo Martínez

Enderezo

Reitoría
Rúa da Maestranza, 9, 2.º andar
15001 - A Coruña
Tel.: +34 981 167 000 Ext.: 1089 -1090 -1094 -1096 - 1097
Fax: +34 981 167 012 Ext.: 1068
Correo electrónico: servizo.intervencion@udc.es