Servizo de Extensión Universitaria

Páxina web

seu

Ten como finalidade:

  • Procurar a formación integral dos membros da comunidade universitaria mediante a programación e desenvolvemento de cursos, conferencias e todo tipo de actividades culturais, recreativas e deportivas que poidan contribuír á mellor realización deste obxectivo.
  • Proxectar as funcións e servizos da institución universitaria ó seu contorno social mediante a realización de actividades da natureza descrita no parágrafo anterior.
  • Atender especialmente á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega e, se é o caso, promover e manter as actividades, servizos e institucións conducentes a este fin.

Actividades principais: Coro Universitario, Club de cine e vídeo, Club de prensa, Club de teatro e Club deportivo.

Enderezo:
Pavillón de deportes
Campus de Elviña
15071 - A Coruña

Tel.: +34 981 167 164 ext.: 1905 (A Coruña), 3677 (Ferrol)
Fax: +34 981 167 163 ext.: 1901(A Coruña)
mseijo@udc.es


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000