Oficina de Igualdade de Xénero

Páxina web

A Oficina de Igualdade de Xénero achega todo o soporte técnico que for preciso para acadar os obxectivos de igualdade entre mulleres e homes.
A Oficina de Igualdade de Xénero ten encomendadas as seguintes funcións:

  • A promoción de estudos sobre as situacións de xénero na UDC.
  • Amparar a introdución da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos do coñecemento.
  • Fomentar a formación e investigación en estudos de xénero nas distintas áreas científicas.
  • Desenvolver actividades de difusión e extensión, tanto no seo da comunidade universitaria como no contorno social e cultural acerca da igualdade de xénero.
  • Impulsar accións que garantan condicións igualitarias para o acceso e promoción de mulleres e homes na actividade docente, investigadora, laboral e representativa da UDC.
  • Colaborar coas administracións e institucións galegas, estatais e internacionais na consecución da igualdade de xénero.
  • Coñecer, informar e no seu caso mediar nos posibles conflitos por discriminación de xénero na actividade académica e laboral da UDC.

Director/a de servizo: Ana Jesús López Díaz

Enderezo:
Edificio de Servicios Administrativos
Campus de Esteiro
15403 Ferrol (A Coruña)
Tel.: +34 981 33 74 00 ext. 3693
oficina.igualdade@udc.es