Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI)

O Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), é un consorcio público, participado polas tres Universidades galegas, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

ITMATI ten vocación de ser un centro de investigación tecnolóxica de referencia internacional no ámbito da Matemática Industrial. A súa principal misión é contribuír ao fortalecemento e potenciación da competitividade no ámbito industrial e empresarial; apoiar a innovación no sector produtivo, mediante o logro da excelencia na investigación e o desenvolvemento de tecnoloxía matemática avanzada orientada á transferencia á industria; e proporcionar solucións avanzadas aos sectores produtivos da sociedade, especialmente a empresas, industrias e administracións públicas. As solucións desenvolvidas dende ITMATI integran a tecnoloxía matemática máis innovadora para contribuír de forma decisiva a xerar valor engadido en múltiples sectores de actividade económica e en temas moi diversos, como o control de calidade, a simulación e optimización de procesos, a axuda á toma de decisións ou a planificación de recursos.

Enderezo

  • Rúa de Constantino Candeira s/n. Campus Vida. 15782 - Santiago de Compostela.