Educación Física e Deportiva

O Departamento de Educación Física e Deportiva créase na UDC por aprobación do seu Consello de Goberno na reunión do día 20 de outubro de 2004. Na actualidade conforman este departamento un total de 43 profesores/as, dos/as cales 30 dispoñen do grao de doutor/a (70%), e pertencen á única área de coñecemento que é Educación Física e Deportiva (245).
O departamento participa en varios mestrados oficiais, e os programas de doutoramento que se imparten son:
  • Ciencias da Actividade Física e do Deporte: Avances e Investigación (a extinguir)

  • Educación Física, Deporte e Ocio Saudable (acreditado pola ANECA no ano 2009)


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal