Química Física e Enxeñaría Química 1
O Departamento de Química Física e Enxeñaría Química I, situado na Facultade de Ciencias da UDC, está integrado por dúas áreas de coñecemento: Química Física e Enxeñaría Química e concibe a súa misión, en primeiro lugar, como compromiso de calidade na formación de profesionais de excelencia nas titulacións en que imparte docencia a través de achegas de coñecementos actualizados, dotando os estudantes de capacidades autónomas, favorecendo o sentido crítico, potenciando o espírito de traballo en equipo e trasmitindo as habilidades profesionais necesarias para responder ás necesidades da sociedade no ámbito das súas competencias. En segundo lugar mediante a súa contribución á xeración e transferencia de coñecemento expresado na produtividade científica dos cinco grupos de investigación activos existentes na actualidade no seu seo: Fisicoquímica de Augas Naturais, Reactividade Química e Fotorreactividade, Catálise Supramolecular, Enxeñaría Ambiental e Enxeñaría Química Ambiental.