Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

O Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións creouse no ano 2000 e está integrado polas áreas de Enxeñaría Telemática e Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Imparte a docencia en nove titulacións e seis mestrados. Na actualidade conta con 38 profesores, dos que 26 son doutores.
Na investigación, estrutúrase en catro grupos: Laboratorio de Enxeñaría do Software; Grupo de Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos -Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico; Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial e Grupo de Investigación de Telemática. As liñas de investigación presentan un forte carácter interdisciplinar, con proxectos en intelixencia artificial, aplicación da intelixencia artificial na Enxeñaría Civil, xestión do coñecemento, informática biomédica, astrofísica computacional, sistemas distribuídos, tecnoloxías de Internet, sistemas de tempo real, metodoloxías de recuperación da información, ontoloxías etc.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal