Enerxía e Propulsión Mariña

Procede da segregación de áreas do antigo Departamento de Ciencia de Materiais, Náuticas, Máquinas e Motores Térmicos, aprobada en Xunta de Goberno da UDC o 23 de marzo de 1999.
Está integrado polas áreas de Coñecemento: Máquinas e Motores Térmicos, Enxeñaría Mecánica e Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.
É un departamento universitario encadrado no ámbito tecnolóxico que ten entre os seus obxectivos principais o desenvolvemento das ciencias anteriormente expostas, desde a vertente docente, investigadora e social. Ademais debe fomentar a conexión con calquera rama do saber humano e todas aquelas actividades que supoñan un avance do coñecemento científico.
As súas funcións principais son:
  • Favorecer a cooperación con outros departamentos.

  • Programar e desenvolver a docencia nas áreas de coñecemento citadas.

  • Impulsar a renovación científica e pedagóxica dos seus membros.

O Departamento imparte docencia en Enxeñaría Mariña e Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.
Ten un programa de doutoramento en Enxeñaría Marítima, sendo á súa vez coordinador do posgrao en Enxeñaría Marítima, que dá acceso ao dito doutoramento.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal