Enxeñaría Industrial 2

O Departamento de Enxeñaría Industrial II ten a súa docencia en todas as escolas técnicas, universitarias e superiores do campus de Ferrol: Escola Politécnica Superior, Escola Universitaria de Deseño Industrial e Escola Universitaria Politécnica.
Nelas impártense as materias correspondentes ás áreas de coñecemento de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, Enxeñaría da Construción, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Nuclear e Enxeñaría Química. Esta docencia abarca tanto materias que proporcionan base científica ás titulacións como materias de carácter marcadamente tecnolóxico e moi próximas á industria.
O Departamento acolle na actualidade a seis grupos de investigación: o Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser, o Laboratorio de Enxeñaría Mecánica, o Grupo de Ciencia e Enxeñaría dos Materiais, o Grupo de Enxeñaría e Dirección de Proxectos e o Laboratorio de Análise Estrutural, o Grupo de Investigación en Tecnoloxía Química e Medio Ambiente.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal