Fisioterapia

Creado en 1998, o Departamento de Fisioterapia é o órgano básico encargado de organizar o ensino propio desta área de coñecemento e de apoiar as actividades e iniciativas investigadoras do profesorado adscrito a ela.
Integrado por 40 profesores, está adscrito á Escola Universitaria de Fisioterapia, na que imparte gran parte das materias que constitúen a titulación, pero tamén participa na docencia doutras titulacións de grao, e no programa oficial de posgrao Saúde, Discapacidade e Sociedade, integrado por dous mestrados oficiais Xestión e Investigación da Discapacide e a Dependencia e Intervención na Discapacidade e na Dependencia, e un programa de doutoramento interdepartamental.
Entre as súas liñas de investigación destacan a historia e marco conceptual da fisioterapia e rehabilitación física, a educación en fisioterapia, a ergonomía e prevención dos trastornos músculo-esqueléticos na empresa, as terapias manuais, prevención da dor e exercicio terapéutico, a fisioterapia respiratoria, oncolóxica, neurolóxica e nos procesos do envellecemento e a reeducación funcional do solo pélvico.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal