Medicina
Creouse no ano 1997, adscrito á Facultade de Ciencias da Saúde. Conta con máis de cincuenta persoas cunha intensa actividade docente e investigadora das áreas de coñecemento de Anatomía e Embrioloxía Humana, Cirurxía, Fisioloxía, Medicina, Otorrinolaringoloxía, Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física e Traumatoloxía e Ortopedia.
O profesorado imparte docencia nas facultades de Ciencias da Saúde, de Educación e de Ciencias do Deporte e da Educación Física, así como nas escolas de Fisioterapia, Enfermaría e Podoloxía. Tamén en programas de doutoramento e mestrados oficiais interuniversitarios. Ademais avala academicamente o programa do Instituto Universitario de Ciencias da Saúde "Medicina Clínica: avances e investigación".
Ten unha importante actividade investigadora en varios grupos, que se traduce en rexistro de patentes e en publicacións en revistas científicas de prestixio:
- Grupo de Fisiopatoloxía Endocrina, Nutricional e Médica
- Neurociencia e Control Motor
- Grupo de investigación en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa
- Hidroloxía Médica, Termalismo e Radioloxía e Medicina Física
- Grupo de Investigación en Xerontoloxía
- Grupo de investigación cardiovascular, o de Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico