Humanidades

O Departamento de Humanidades constituíse en febreiro de 1996. Conta con corenta e tres profesores e once áreas. Imparte docencia nas facultades de Humanidades, Filoloxía, Socioloxía, Ciencias da Educación e Ciencias da Comunicación e na Escola de Deseño Industrial. A heteroxeneidade da súa composición explica que os campos de investigación nos que traballan os seus compoñentes sexan enormemente diversos tanto no espacial coma no cronolóxico e temático. Máis alá do labor docente e investigador, no seu seo levan a cabo de xeito anual tres actividades académicas que contan con ampla proxección nacional e internacional e que deron lugar a posteriores publicacións: as Xornadas de Historia Antiga (desde 1994), as Xornadas sobre Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia (desde 1996) e o Seminario de Estudos do Século XVIII ?Vivir nas Luces? (desde 2004).