Métodos Matemáticos e de Representación

O Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación constituíuse no ano 1993. Está integrado polas áreas de Matemática Aplicada, Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogramétrica, Enxeñería Hidráulica, Enxeñería e Infraestrutura dos Transportes, Proxectos de Enxeñería e Tecnoloxías do Medio Ambiente. Ten docencia asignada en 6 centros dos campus da Coruña e de Ferrol.
Entre os principais eidos de investigación dos profesores do Departamento están os métodos numéricos aplicados á enxeñería, a mecánica computacional, a visualización por ordenador, a enxeñería hidráulica, a enxeñería sanitaria e ambiental, a enxeñería dos transportes, e os camiños e ferrocarrís.
Os departamentos de Métodos Matemáticos e de Representación e de Tecnoloxía da Construción organizan con éxito dende hai máis de quince anos o Programa de Doutoramento ?Enxeñería Civil?. Así, dende o ano 2000 defendéronse máis de 40 teses de doutoramento, das que case unha decena obtiveron premios ou galardóns de prestixio nacional ou internacional.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal