Economía Aplicada 2

O Departamento de Economía Aplicada II é unha unidade de docencia e investigación composta por profesores pertencentes ás áreas de Economía Aplicada e Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa, polo persoal de administración e servizos, e polos bolseiros e persoal en formación.
A súa finalidade é a xeración, xestión e difusión de coñecemento científico e profesional que redunde no beneficio da sociedade, a través do desenvolvemento da docencia e investigación nas materias de Econometría, Estatística e Matemáticas aplicadas á Economía e a Empresa. Para formar profesionais altamente cualificados nas titulacións en que imparte docencia, o departamento persegue a excelencia da investigación e a súa integración nos procesos de ensino e aprendizaxe.
Nas súas actividades o departamento respecta e potencia valores como a transparencia, a participación, a responsabilidade, o traballo en equipo, a procura da excelencia, a liberdade de cátedra e a integración coa sociedade.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal