Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica

A área de coñecemento de Expresión Gráfica Arquitectónica B, pertencente ao Departamento de Representación e Teoría Arquitectónica, foi creado no ano 1985 na Universidade de Santiago en cumprimento do RD 2360/84. No ano 1992 a Universidade da Coruña, por segregación do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónica crea o Departamento de Composición e o noso Departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica, que se constitúe en setembro de 1993.
Este departamento, pertencente á área de Expresión Gráfica Arquitectónica, que engloba as materias que lle son propias, como Expresión Gráfica Arquitectónica, Xeometría da Representación, Topografía, Proxectos Técnicos e Proxecto Fin de Grao, capacita ao alumnado para aplicar os sistemas de representación espacial, interpretar e elaborar a documentación gráfica dun proxecto, realizar a toma de datos, levantamento de planos e o control xeométrico de unidades de obra, así como para traballar coa instrumentación topográfica e proceder ao levantamento gráfico de solares e edificios e o seu replanteo no terreo. Como tamén o coñecemento dos procedementos e métodos infográficos no campo da edificación, aptitude para redactar proxectos técnicos de obras e construcións que non requiran proxecto arquitectónico, así como proxectos de decoración e demolición.
Actitude para redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados de forma multidisciplinar, capacidade de análise dos proxectos de execución e a súa translación á execución das obras, así como redactar un proxecto fin de grao que consiste nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal