Socioloxía e Ciencia Política da Administración

Creado en 1990, foi crecendo ata consolidarse tanto en recursos humanos e materiais como en responsabilidades docentes e resultados de investigación.
Integra as áreas de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos. Ten docencia asignada en oito centros e está formado por trinta e tres profesores e profesoras, dos que o 87% son doutores.
Ademais, o profesorado forma grupos de investigación como o de Organizacións Sociais, Institucións e Mercados; Socioloxía das Migracións Internacionais e Turismo, Ocio e Deporte, todos eles adscritos ao departamento. Tamén profesorado do departamento participa noutros equipos.
Entre os obxectivos figuran, dunha parte, consolidar e conseguir a maior presenza posible das nosas materias nas titulacións afíns e naquelas outras nas que, pola súa natureza, sexan oportunos ou precisos os coñecementos sociolóxicos e, por outro lado, fomentar as liñas de investigación en marcha, a apertura cara outras novas e o apoio aos grupos e investigadores do noso departamento. Así mesmo, colaborar coa facultade, as asociacións e os colexios profesionais para facer visible na sociedade a figura do sociólogo.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal