Representación e Teoría Arquitectónica

Comprende o ensino das áreas de Expresión Gráfica Arquitectónica na Escola Técnica Superior de Arquitectura e na Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol. Distribúe a súa docencia en todos os niveis do ensino universitario.
Ademais, imparte docencia no título propio da UDC, Graduado en Arquitectura de Interiores; Mestrado en Arquitectura de Interiores e no programa de doutoramento Xénese, linguaxe e composición na arquitectura.
O departamento ten abertas varias liñas de investigación, especialmente relacionadas co proceso da concepción arquitectónica, a análise gráfica e o deseño asistido por ordenador. Cabe mencionar o Grupo de Investigación en Representación Arquitectónica do Patrimonio.
Este departamento conta con convenios de investigación coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, co Concello de Sanxenxo, coa Fundación Pedro Barrié de la Maza, con Portos de Galicia e co Principado de Asturias.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal