Psicoloxía

O Departamento de Psicoloxía naceu en 1990 coa Universidade da Coruña, e ten o seu precedente desde 1974 na Sección de Psicoloxía do antigo Colexio Universitario. O seu persoal docente e investigador está formado por 26 membros de cinco áreas de coñecemento:
  • Metodoloxía das ciencias do comportamento

  • Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos

  • Psicobioloxía

  • Psicoloxía básica

  • Psicoloxía social

Practicamente todos posúen o doutoramento e a inmensa maioría son titulares ou catedráticos de universidade. Nestes momentos imparten docencia en 17 titulacións de seis centros de A Coruña e Ferrol, das que destaca o Mestrado en Psicoloxía Aplicada, titulación oficial de recente implantación e atractivo perfil. Tamén conta cun programa de doutoramento propio. As funcións xerais do Departamento, a súa visión de futuro e as liñas básicas de actuación recóllense no seu Plano Estratéxico, actualmente en marcha. A súa web reúne información sobre actividades, liñas de investigación, docencia e máis.