Pedagoxía e Didáctica
O Departamento de Pedagoxía e Didáctica constituíuse inmediatamente despois de se crear a Universidade da Coruña. O escaso número de profesorado que naquel momento formaba parte da nova universidade obrigou ás áreas de coñecemento con menor número de profesorado a agruparse en interáreas para poder conformar un Departamento segundo o establecía a lexislación vixente. O departamento, desde aquel momento, queda integrado por catro grandes áreas de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Matemáticas, e Teoría e Historia da Educación.
Na actualidade é un departamento que vén traballando nos títulos, cursos, xornadas e proxectos de investigación que planifica e desenvolve tratando de incorporar esta perspectiva interdisciplinar nos seus proxectos.
Vinculados ao departamento existen catro grupos de investigación:
- G000260 - "Grupo de Investigación en Innovacións Educativas"
- G000285 - "Innovación no Ensino das Ciencias e da Matemática"
- G000585 - "Equipo de Investigación Educativa"
- G000625 - "Política Educativa, Historia e Sociedade"