Filoloxía Inglesa
Dedica a súa docencia e investigación ao estudo filolóxico-humanístico das culturas e literaturas anglófonas e a súa globalización, tanto na propia titulación de grao como na formación complementaria noutras titulacións. Participa no Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais, na especialidade de inglés, da Facultade de Filoloxía, así como no de Lingüística e as súas aplicacións (interuniversitario).
O novo ?Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios? ofrece unha formación integral na lingua e cultura dos países anglo-falantes.
O programa de posgrao, ?Novas Aproximacións aos estudos ingleses e irlandeses?, obtivo a mención de Calidade do Ministerio de Educación e ?Novas aproximacións aos estudos anglo-norteamericanos e irlandeses? foi verificado en 2009.
Tres grupos artellan o labor investigador:
- Grupo CLIN (Literatura e cultura inglesa moderna e contemporánea)
- Grupo MuStE (Estudos multidimensionais do inglés baseados en corpus)
- Grupo CLEU (Culturas e Literaturas dos Estados Unidos).
Membros de Departamento tamén participan no Grupo de Estudos Irlandeses adscrito ao Instituto Universitario de Estudos Irlandeses da UDC.