Electrónica e Sistemas

O Departamento de Electrónica e Sistemas (DES), adscrito á Facultade de Informática, articúlase en dous Grupos de Investigación: o GAC (Grupo de Arquitectura de Computadores) e o GTEC (Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións). O DES ten como misión a xeración, xestión e difusión do coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento de tarefas de docencia e investigación no ámbito das TIC, en concreto, en liñas estratéxicas como a computación de altas prestacións, o procesado de sinal, e o deseño hardware para redes sen fíos e de sensores. O DES fai unha decidida aposta pola proxección exterior e pola excelencia docente e investigadora, como amosa a súa participación en programas de doutoramento con mención de calidade, en proxectos de I+D altamente competitivos, como os programas Consolider-Ingenio do MICINN e Cenit do MITYC, ou en contratos de I+D de carácter internacional con multinacionais informáticas para a transferencia de tecnoloxía.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal