Economía Aplicada 1

O Departamento de Economía Aplicada I divídese en catro seccións. O profesorado correspondente á área de coñecemento de Historia e Institucións Económicas conforma a primeira sección. As outras tres restantes están integradas por profesorado da área de coñecemento de Economía Aplicada, que se agrupa en función das súas respectivas especialidades: Estrutura Económica, Facenda Pública e Política Económica.
Estas catro seccións están representadas na comisión permanente do consello do departamento a través dun delegado elixido entre os compoñentes de cada sección.
As actividades docentes do departamento desenvólvense en distintos centros da Universidade (principalmente na Facultade de Económicas) e participa activamente no curso de posgrao Integración Económica e Políticas Públicas .
No que se refire á actividade investigadora, as principais liñas de traballo refírense á economía internacional, políticas de transporte, entes públicos, historia da empresa e todos os temas en relación coa economía aplicada.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal