Dereito Público

O Departamento de Dereito Público creouse no ano 1990 e actualmente inclúe as áreas de coñecemento de Dereito Romano, que estuda tanto este ordenamento xurídico como a súa influencia na tradición europea posterior; Dereito Constitucional, que se ocupa tanto da norma fundamental como en xeral da organización xurídico-política do Estado, Dereito Internacional Público, cuxo ámbito de interese se centra nas relacións xurídicas na Comunidade Internacional, Dereito Financeiro e Tributario, ocupada na esfera da normatividade propia das finanzas públicas; Dereito Penal, cuxo labor se concentra no estudo dos diferentes aspectos do delito e das penas, e Dereito Procesual, centrada na docencia e investigación do Poder Xudicial e da actividade xurisdicional.

O Departamento é a entidade administrativa e orgánica encargada de regular a docencia e artellar os labores de investigación -respectando a autonomía dos grupos de investigación- destas diferentes áreas.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal