Facultade de Humanidades e Documentación

Facultade de Humanidades e Documentación

Campus de Esteiro. r/Doctor Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol Ferrol (03672)
España (ES)

A Facultade de Humanidades creouse na Universidade da Coruña en 1993 no H. Novoa Santos situado na estrada de Catabois. Implantouse o título de licenciado en Humanidades.
Tras a remodelación do antigo Hospital Naval en Esteiro, a Facultade trasladouse en 1996 ao edificio Galerías. Os seus profesores situáronse no anexo edificio de gabinetes que tamén acolle o salón de actos. Ademais contouse cunha biblioteca, situada na rehabilitada Casa do Patín.
Desde 1996, comezouse a impartir a diplomatura de Biblioteconomía e Documentación. Incorporouse entón profesorado novo e instalouse unha aula de informática. No curso 2003-04, comezou a impartirse a Licenciatura en Documentación.
Durante o ano 2009 faise un gran traballo para a adaptación dos planos de estudo vixentes ao EEES, implantándose no curso 2009-10 o Grao en Humanidades e o Grao en Información e Documentación. O seguinte paso son os estudos de mestrado: estanse xa avaliando dous para a súa implantación no curso 2010-11.